Index > Arte Popular > Vídeos


Grupo Yorum

Yorum orixinase en Istanbul no 1985 por estudantes da universidade, co obxecto de protestar contra o golpe militar que tivo lugar en Turquía no 1980 e a represión que despois foi imposta no país. Nos seus inicios foi influenciado por músicos como Ruhi Su, Mahzuni Serif, Inti Illimani, Victor Jara, Quilapayun e Theodorakis, e formouse cun propósito: o de erguer a voz do pobo de Anatolia, a provincia onde naceron os membros do grupo; cunha infusión de música revolucionaria e socialista. En moi pouco tempo, o nome Yorum foi famoso pola súa sensibilidade disidente e a súa loita por dereitos e liberdades.

Tanto como lanzar discos e apresentar espectáculos en Turquía e Europa, o grupo participou en numerosas protestas políticas, manifestacións nas rúas, folgas e ocupacións de fábricas e universidades. En varias ocasións, membros do grupo foron detidos e condeados, ata a prohibición do grupo polo contido subversivo das súas líricas e a súa actitude revolucionaria na presentación da música. Algúns membros do grupo sufriron tortura no cárcere antes de ser sentenciadas a décadas de cadea. Sen embargo, toda esa represión non podía impedir o progreso do grupo.
Tanto como cantar en turco, o grupo canta en curdo, árabe e circassia; idiomas falados en Anatolia. O grupo manifiestase na loita para o dereito de falar estes idiomas prohibidos en Turquía.

As líricas de Yorum tratan temas como a loita contra o fascismo e o imperialismo, cadeas, matanzas, a morte e o amor e o desexo para un mundo libre. Mentras que teñen aumentado a complexidade e a profundidade da súa estructura musical, tanto pola súa dinámica interior como pola súa consciencia dos feitos locais e mundiais, non se desviaron da súa dirección principal; en efecto teñen exercido influencia sobre moitos outros músicos e grupos novos co estilo Yorum.


 

Cancións Populares de Nepal

Un guerrilleiro que lle conta á súa moza a guerra popular
e o que o exército reaccionario é capaz de facer


Sobre a migración labrega á cidade



Labregos pobres e o seu árduo traballo


 

 

 

 

Sobre Rusia

Vídeo musical cunha das melodías rusas máis fermosas, “Noites de Moscova” (Подмосковные вечера en ruso).




O Exército Vermello

 


Outubro


Outubro, orixinalmente Октябрь (Oktyabr) en ruso, dirixida por Sergei Eisenstein en 1927 é unha verdadeira obra épica que reproduce os feitos acontecidos durante a revolución bolchevique de Outubro de 1917. Unha película que, rodada co gallo do décimo aniversario da revolución, malia non agachar o seu apoio á revolución rusa, tenta manter unha visión obxectiva dos feitos.