Index > grupos > precedentes > Pedro Faura


"O 27 de setembro de 1975 morreron 5 antifascistas e revolucionarios españois baixo as balas dos pelotóns de execución fascistas. A repulsa mundial ante estes asasinatos e a solidariedade internacional das clases obreiras e os pobos oprimidos illarán cada vez máis ao fascismo franquista. O pobo español asestaraa o golpe mortal. Dúas semanas antes da execución unha loitadora española dirixiu aos compañeiros encarcerados un saúdo:

Cada seguinte execución acelerará a caida do reximen franquista

Este xuramento forma o final deste disco MANIFESTO.

PEDRO FAURA é un cantante que loitou longo tempo en primeira liña contra o fascismo franquista. Provén de Castela, ten 24 anos, estivo varios anos no estranxeiro como traballador emigrante, regresou a España e incorporouse á loita no F.R.A.P. Foi incluído na listas negras do franquismo e vive hoxe entre Paris, Milan e Colonia.
As súas canciones son un berro, unha chamada á loita á mobilización

"quero formar convosco
de puños un bosque enteiro" (Puño en alto)

Nestes momentos vitais para a historia de España, non queda xa sitio para a canción claudicante, é o momento de converter a canción nun arma, nun autentico compromiso ante a loita (MANIFESTO).

Pedro Faura lanza neste disco unha chamada ao pobo oprimido, ao pobo que loita

"jornaleros España loma a loma
es de gananes pobres y braceros
no permitais que el rico se la coma" (Xornaleros)

Unha chamada cargada de odio e á vez da esperanza, de que nun día non moi afastado faranse realidade as palabras con que termina a canción dedicada aos presos de Carabanchel:

"Os fascistas que hoxe nos xulgan
mañá serán xulgados!"

Non dubidamos de que isto se fara realidade."

(Extraido do interior do cassette)