O 23 de xuño de 2005 deuse a coñecer o pronunciamento do Rock Proletario, redactado polos compañeiros de Núcleo Terco, onde por vez primeira se definía a nosa corrente cultural e as súas bases.
“Calquera que coñeza algo de historia sabe que os grandes cambios sociais son imposíbeis sen o fermento feminino”. K. Marx
"O proletariado non acadará a emancipación completa se non conquista primeiro a completa emancipación das mulleres!" Lenin
Saudamos á clase e ao pobo en xeral, e dentro deste á muller, obreira, campesiña, traballadora, á metade do mundo que sosten o ceo. A explotación e opresión persisten, asi podemos ver a moitas mulleres como cabezas de familia, levando o peso da economía familiar, sendo nais solteiras, e é coa produción social que se convencen de que son explotadas tanto ou máis que o home, e así ven que teñen que loitar polas súas reinvindicacións laborais, e ante esta crise, agudizase máis a súa situación.
A emancipación da muller non consiste en "liberarse" do home no fogar ou loitar contra él por un posto laboral, senón que se atopa ligada á emancipación do proletariado. Home e muller xuntos coma un puño defendendo e reconquistando os seus dereitos, como parte da loita pola emancipación da muller, comprendendo que a solución está na tranformación da sociedade.
A EMANCIPACIÓN DA MULLER É PARTE
DA EMANCIPACIÓN DO PROLETARIADO!!
VIVA O 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL
DA MULLER!!
Rock Proletario Internacional
Marzo 2010
Comunicado Piolet
Saúdos a todos os lectores, decidimos sacar este comunicado para expresar a nosa opinión tras a arremetida recivida por parte destes grupos fascistas, que se levaron físicamente ao noso amigo Rachel.
A intención é de solidarizarnos coa familia de Luis “Rachel” Chirinos, a súa moza e amigos, cos compañeiros de Combate e 7 balazos, dicirlles que aredor do mundo esta noticia causou unha forte dor e á vez un gran senso de solidariedade internacional, así coma un total rechazo a tal covarde ataque.
Que lamentábel e tráxico ten sido para nós esta nova que nos deixou sen palabras e con lbágoas na cara, ainda lembramos aquel 26 de xullo no parque dos Caobos, cando Rachel emprestounos a súa guitarra, foi a nosa primeira apresentación lonxe da nosa cidade, e unha das máis gratas experiencias, onde compartimos tarima con 7 balazos, banda onde tocaba este gran amigo.
Algo que caracterizaba a Rachel era o seu riso, a súa felicidade andante, selo que xamáis esqueceremos, mentres existan concertos de punk en Venezuela, ti vivirás irmán.
Dende fai anos, vimos alertando sobre o perigro fascista en Venezuela, en todos os ámbetos existentes e lastimosamente fracasamos.
Esa semente fascista deu os seus froitos velenosos ao longo do país, quen antes se vían como unha ameaza vaga, hoxe se convertiron nuns asasinos, e por iso ante o fracaso debemos erguernos e continuar a loita, sabemos que a solución non esta no impulso que nos produce a raiba, nin nos insultos, nin en accionares sen senso, debemos estar sempre coa mente fría e o corazón ardente.
A solución está na unidade das forzas anti-fascistas, das forzas sociais conscientes, da unidade de todos os conmovidos polo acontecido, en promover a xustiza, e en comezar a traballar por un verdadeiro movimento anti-fascista, que integre a distintos sectores da xuventude y a sociedade en xeral, onde nos involucremos todos e todas para esixir que se faga xustiza polo acontecido, non podemos tolerar que se intente despolitizar e culpar á hampa por esta traxedia, debemos sinalar quen foi, porque non podemos aceitar outra víctima máis en mans deses asasinos.
Non só vale condear a este grupúsculo de delincuentes neonazis, senón os intereses de clase que hai detrás destes grupos, os intereses económicos que promoven a penetración do paramilitarismo, un sector da sociedade que alimentados polo anticomunismo mediático, están logrando o odio e xerar máis violencia, e non nos parecerá extrano se os sectores de oposición ao goberno poñense a xustificar e defender esta agresión de parte deste grupo de hampons, e que fique claro; non nos estamos posicionando a favor do goberno nacional, mais si estamos repudiando a ese sector de la ultra dereita, que busca atacar pola vía que sexa a valiosos cadros e organizacións de vangarda, mais sabemos que ese é o seu cometido e é o que buscaban, criar malestar dentro dos movimentos antifascistas, progresistas e revolucionarios, así como tamén un malestar xeral na sociedade.
Facemos un chamado á intelixencia, por riba das raibas e impulsos, non caiamos no sue xogo de provocación, sexamos capaces de lograr facer xustiza, baixo a bandeira da legalidade e da unidade antifascista!
Rachel VIVE, a loita sigue!
Nin esquecemento, Nin perdón!
Xustiza pedimos! Xustiza pedimos! Cárcere ou morte para os asasinos!
Piolet Rock Proletario Rock Proletario Internacional
Benvidos Cor Fort, Rock Proletario de los Paises Catalans 30.01.10
E hai cousas de 2 anos e pico decidimos xuntarnos para ensaiar e así através da música dar a coñecer as nosas inquietudes políticas, usamos esta canle como transmisión e á vez tamén nos permite coñecer a máis xente e intercambiar opinións. Respecto o noso nome "cor fort" significa literalmente corazón forte e tamén é unha expresión en catalá que se emprega cando as cousas van mal, "facer o corazón forte e tirar para adiante".
A banda xurde a principios do 2007 como unha resposta á inquietude de querer expresar e difundir ideais Marxistas-Leninistas de forma musical. Dentro do noso repertorio, incluímos temas de bandas que nos inflúen, como Núcleo Terco, Erode, Brigada Flores Magon, etc. e tamén os nosos propios temas cunha clara mensaxe de loita proletaria.
Vivindo en barrios, é sinxelo empaparse dos problemas cotidianos que nos rodean: paro, privatizacións de empresas públicas, traballo precario, terrorismo patronal, etc. Consideramos que hai que levar a loita a todos os ámbitos, non só na rúa senón tamén nos postos de traballo, nas comunidades de veciños, coa xente que nos rodea… Cremos que os concertos son unha forma de movilizar ás masas e así facer chegar a mensaxe a máis xente. “Non se pode acabar co capitalismo, sen acabar coa ideoloxía socialdemócrata no movimento obreiro.”
Katsinumok
nace no 2008, formado por membros de Núcleo Terco e Mossin Nagant como proxecto musical paralelo ás mencionadas bandas. Esta banda nace en Euskal Herria, en principio, dunha forma experimental, unindo membros das duas formacións activas co obxectivo de difundir un claro mensaxe político dentro dun son máis potente se cabe, que o das bandas musicais ás que pertencen os seus membros.
O seu nome, en euskera, lido ao revés, é "komunistak", a ideoloxía política dos seus membros.
O nome ten como significado a homenaxe pura, sobria, clara, transparente e sincera que lle damos ás reivindicacións populares de emancipación e revolución, é un tributo á historia de todos os recunchos sen fronteiras que teñen amosado rixo e orgullo ante as situacións contraditorias que se tiveron que enfrontar no desenvolvemento da guerra de clases.
Longa Vida ao Camarada Stalin no seu 130º Aniversario! 21.12.09
«Felicitar a Stalin non é unha mera formalidade. Felicitar a Stalin significa apoialo a el á súa causa, apoiar a vitoria do socialismo e o camiño a seguir pola humanidade que el marcou, significa apoiar a un querido amigo. A grande maioría da humanidade que hoxe sofre, só pode liberarse do seu sufrimento seguindo o camiño marcado por Stalin e coa súa axuda.» Mao Tse-Tung
Ingreso de Novas Bandas 17.12.09
Benvidos compañeiros!
RedStorm é un grupo de Rock Proletario andaluz que musicalmente practica Thrash-Hardcore. Formados no 2009 co obxectivo de facer da música un vehículo de transmisión do marxismo-leninismo, a mensaxe das letras é directa e sen rodeos pois a música así o esixe, mais non hai que obviar a mensaxe implícita en todas as súas letras : "Da Faísca nacerá a Chama". Actualmente atópanse traballando na gravación da súa primeira Demo da que pronto teredes novas.
O nome sae polo simbolismo que tiveron as Brigadas Vermellas en todo o mundo como a guerrilla italiana, aquí en México a Brigada Roxa era a encargada de preparar, redactar, imprimir e distribuír o periódico clandestino “Madera” que era o órgano de información da guerrilla “La Liga Comunista 23 de Septiembre”.
Compañeiros/as, camaradas, amigos de Iván Khutorskoy, familiares e achegados. Para nós tal como para vostedes a perda do compañeiro Iván é un sentimento de dor e profunda impotencia. Vemos como o rexurdimento brutal do fascismo na Rusia ten finado coa vida de medio centenar de compañeiros e compañeiras. Somos testemuñas desta brutalidade que cada día parece que teñamos que seguir lamentando como algo habitual. Mais non será así!
Queremos rendirlle tributo a un camarada coma él, un camarada de excepción, unha vida adicada a combater a inxustiza, unha luz que iluminaba as sombras da desesperanza e rachaba coa ilusión para transformala en realidade. Unha pesona fiel ao seu pobo, fiel aos seus camaradas, fiel aos seus ideais, unha persoa como Iván, xamáis morre! Porque as balas non poden coa memoria, a morte non pode contra a vida que deixou en cada un de todos e todas… un cadaleito só sepulta o corpo, mais non toda unha vida.
Queremos facerlle chegar á súa familia as nosas sentidas condolencias, o noso máis profundo sentimento de pésame e unha aperta sentida que vale por moitos que formamos parte do RPI á súa nai e á súa irmá. De verdade que o sentimos moito. Aos sues achegados, amigos e camaradas: sentimos o duelo tal como vos mais desexamos infundirlles unha mensaxe de ánimo, de esperanza e apoio. Xamáis se sintan sós, isto bateunos a todos e é unha perda para todo aquel que loita día a día contra o actual sistema económico e social de fame, miseria, racismo e xenocidio. Iván somos todos e todas!
Esta ola de represión, violencia e masacre contra os antifascistas non a deterá o goberno capitalista e servil de Putín, nin os seus ministros nin representantes. Esta ola só a pode deter o pobo organizado, a xuventude pensante e militante, as familias cansadas do modelo económico capitalista, todos e todas nós. É o nosos deber continuar a loita e coller aquela lumbreira que deixou acesa o camarada “Kostolom” e alumear toda Rusia, todo o mundo.
O RPI pon en alto a bandeira de Iván Khutorskoy e reclama polo axustizamento dos seus covardes asasinos, porque paguen polo sue crime e sexan castigados coa mesma moeda. Seguiremos reclamando xustiza por cada antifascista asasinado en todo o mundo. Esta vez, lamentabelmente, tocoulle ao camarada Iván, mañá... quen? Non agardaremos que haxa outro!
POR TODOS E CADA UN OU UNHA DAS ANTIFASCISTAS MORTAS NIN UN PASO ATRÁS! NIN PARA COLLER IMPULSO!
POLA ETERNA MEMORIA DE IVÁN KHUTORSKOY!
NIN PERDÓN, NIN OLVIDO!
Rock Proletario Internacional
Bandas firmantes:
-Veteranos de Guerra (Brasil)
-Subversivos (Brasil)
-Brigada Oi (Colombia)
-Komintern 43 (Colombia)
-Mencer Vermello (Galiza)
-Nucleo Terco (Estado Español)
-RPG – 7 (Castilla)
-Guardia Bermellón (Chile)
-Katsinumok (Euskal Herria)
-Kommintern (Catalunya)
-Más allá de los Dogmas (Perú)
-Piolet (Venezuela)
-RedStorm (Estado Español)
- Acción Proletaria (Estado Español)
Novos Temas 23.09.09
Difusión de Novos Temas:
Acción Proletaria - Única Respuesta
www.myspace.com/accionproletariapunk
Guardia Bermellón - Motor de la Historia
www.myspace.com/guardiabermellon
M.A.D. (Más Allá de los Dogmas) - Revolución Proletaria Mundial y Mi Pueblo
www.myspace.com/madrockproletario
Liberdade Arenas! 02.09.09
Non podemos calar. Non, os comunistas non podemos calar o que este estado burgués leva facendo con Manuel Pérez Martínez, Camarada Arenas, Secretario Xeral do PCE(r). Dos últimos 30 anos, leva 17 encarcerado. Prisioneiro con Franco, con Suárez, con González, con Aznar e agora con Zapatero. A presunción de inocencia liquidada, o mesmo que a irretroactividade das leis. A ausencia de probas tan só é un pequeno detalle sen a máis mínima importancia. Unha morea de sumarios arquivados por falta de probas, uns cantos máis con resultado de absolución, tanto lles ten. O último capítulo deste esperpento criminal é a anulación que o Tribunal Supremo, en abril deste ano, facía dunha sentencia absolutoria da Audiencia Nacional de hai un par de anos. Condenan a Arenas a 7 anos por «non denuncia e omisión de delito». Tan evidente é o despropósito legal que un maxistrado participante na farsa viuse obrigado a emitir un voto particular contra o fallo: «A miña discrepancia coa maioría fúndase: a) en que os feitos descritos na sentenza de instancia, non só non prestan base á hipótese acollida na sentenza de casación, senón que incluso conteñen elementos que abertamente a contradín; e, b) en que esa hipótese non foi levada a xuízo nos seus propios termos. Por todo, non cabe facela valer sen que padezan o principio acusatorio e outros principios». Unha auténtica vergonza de sentenza que non é máis que outro crime contra o proletariado.
«Illade a este home. Defende con fanatismo a súa dignidade. É perigoso». Así escribía o propio Manuel no clandestino verán de 1990. É iste o cerne do problema. Estamos ante unha persoa comprometida co comunismo que, na súa xa dilatada vida política, non renunciou nin un chisco aos ideais revolucionarios. Que non descendeu polos traidores chanzos do revisionismo. Que nunca se vendeu nin vendeu aos seus. Que endexamais agachou a cabeza ante o inimigo de clase. Malia estar enfermo (sen recibir o tratamento que precisa), o Manuel non cede. Ten o corazón como o aceiro. Como o aceiro que o obreiro golpea no estaleiro.
Hai xa moitos anos, dous señores barbados, que de comunismo algo sabían, deixaron escrito unha frase que semella que moitos esqueceron ou quizais nunca aprenderon: «Os comunistas apoian en todas partes cantos movementos revolucionarios se formulen contra o réxime social e político imperante». Ningunha diferenza táctica pode ser óbice para que os distintos partidos e organizacións comunistas non exerzan a solidariedade cos loitadores do proletariado. O exercicio da solidariedade cos comunistas, e demais antifascistas represaliados pola burguesía, é unha obriga moral e política de calquera organización que se diga comunista así como de calquera comunista sen partido. Que ninguén o dubide, o silencio é complicidade.
Os mecanismos de xustiza non os podemos controlar. Permanecen, por agora, nas mans da burguesía. Aínda que chegará o día, botando man doutro poema do Manuel, no que poñamos «a camiñar aos implacábeis e impasíbeis batallóns da vingativa xustiza!» Da xustiza proletaria, da xustiza de clase, que varrerá desta terra a ese refugallo da historia que é a burguesía.
Cidade rusa esperta con valados publicitarios que lembran a Stalin
A cidade rusa de Voronezh amañeceu o pasado 24 de xuño con dez valados publicitarios iluminados nos que se representa a figura de Joseph Stalin. Conmemoran o 130 aniversario do nacemento do marxista-leninista xeorxiano co lema: «130º aniversario do líder de todos os tempos e todos os Pobos». Tamén se pode ler: «A Vitoria será nosa», en clara referencia ao comezo da invasión nazi á URSS e a posterior vitoria destes últimos, e o importante papel desempeñado por Stalin na mesma.
As autoridades burguesas da cidade, após saír do seu atordamento, informaron axiña de que os valados serán retirados, aducindo que incumpren a lei de publicidade local. É evidente que os parasitos que comandan os destinos da Rusia actual ven con preocupación o inconstestábel medre do apoio popular á figura de Stalin e á URSS que el lideraba. Semella que a súa campaña de falsificar a historia non funciona todo o ben que eles quixeran.
Entrevista a Piolet no programa "Tiuna o Forte" da televisora comunitaria Avila TV
CONDEAMOS A CRIMINAL MASACRE DE NATIVOS DA AMAZONIA PERUANA! 17.06.09
O Rock Proletario Internacional manifiesta a súa máis profunda condena á matanza realizada polo goberno peruano contra os pobos nativos da amazonia peruana.
Este condenabel feio é parte dos plans do imperialismo para a maior colonización dos pobos oprimidos do cal o goberno peruano é fiel servidor. Estes plans indican que as comunidades nativas deben ser despoxadas das súas terras para ser vendidas ao gran capital. Para levar adiante o seu sinistro plan elaboraron un proxecto de lei que foi observado pola defensoría do pobo por ser anticonstitucional (os pobos indíxenas amazónicos gozan de dereitos recoñecidos polo convenio 169 da O.I.T. e a declaración das nacións unidas sobre os dereitos dos pobos indíxenas para a protección das súas terras) agora queren impoñelo mandando ás forzas represivas do estado para enfrontar ás comunidades indíxenas, “cidadans de segunda clase” coma os calificou o xenocida García Pérez, Presidente del Perú.
Persistindo na súa agresión, decretaron “toque de queda”, “estado de excepción”, “lei antiterrorista” contra a poboación nativa da Amazonía. Pretenden ocultar a súa responsabilidade e criminalizar as loitas populares, chamando terroristas aos dirixentes e loitadores sociais, querendo aplicar o seu dereito penal do inimigo extendendoo a todo o pobo, o cal rechazamos e condeamos.
Asimesmo denunciamos a campaña mediática, que con recursos do estado, o partido de goberno quere facer crer á cidadanía peruana que a realidade é outra: que entregar o patrimonio do noso país ao gran capital é o mellor que nos pode pasar, que o pobo nativo da amazonia está “asesorada por extranxeiros” e que son “antipatriotas”, todo isto para tratar de ocultar o verdadeiro carácter da loita amazónica, que é unha loita xusta polas súas terras e contra a deforestación dos seus territorios.
Manifestamos tamén a nosa solidariedade cos nosos irmaos campesiños das comunidades nativas indíxenas, coas súas demandas e loitas polos seus dereitos, xa que en medio desas loitas construirá o seu camiño a unha verdadeira emancipación. que son as víctimas da barbarie do estado peruano; que non ve máis solución que a represión ao pobo desarmado.
VIVA A LOITA DAS COMUNIDADES NATIVAS POLOS SEUS DEREITOS FUNDAMENTAIS!
ABAIXO A REPRESIÓN E A CRIMINALIZACIÓN DAS LOITAS DO POBO!
Rock Proletario Internacional
Xuño 2009
¡Viva o 1º de Maio: Dia do Proletariado Internacional! 01.05.09
O Rock Proletario Internacional, neste 1º de maio, reafirmase en enarbolar o papel e perspectiva histórica do proletariado, última clase da Historia; a única consecuente e verdadeiramente revolucionaria pois carece de propiedade e deve cumprir o seu papel histórico de abolir a propiedade privada sobre os medios de produción e construir unha sociedade sen clases, na que o mesmo proletariado extinguirase como clase. O comunismo. Meta histórica na que persiste inclaudicabelmente sacando as leccións dos seus máis de 150 anos de loita, 66 anos de construción do socialismo e particularmente das duas grandes derrotas do proletariado en Rusia e China, as cales teñen sido usadas polo imperialismo para facer campaña contra a revolución, pregonando o fracaso do socialismo, a caducidade do marxismo, a non validez da violencia revolucionaria, da dictadura do proletariado e do Partido; e declaran "a fin da historia" e afirman que non cabe transformación do sistema capitalista, transformación da sociedade senón só a evolución do sistema burgués "ideal".
Por todo iso é necesario reafirmarnos en que a clase obreira existe, existe como organización: sindicatos e como Partido Comunista que é a súa forma superior de organización coas súas formas de loita, existe combatendo polas súas reivindicacións na loita económica e aleccionada pola burguesía aprende a necesidade da loita política, a necesidade de tomar o Poder para exercelo; existe como forza productiva motriz principal, é a xeradora de plusvalía, existe como forza política principal como clase dirixente e tamén como forza ideolóxica principal con ideoloxía proclamada ante o mundo no Manifesto Comunista dende 1848.
O proletariado leva xa máis de 150 anos de loita e combate polo Comunismo e durante 66 anos plasmou un sistema novo, o socialismo que transformou dous dos países máis grandes do mundo, Rusia e China, xerando fabulosos avances en curto tempo plasmando a dictadura do proletariado, a construcción do socialismo, o Movimento de Liberación Nacional e a nova democracia; a III Internacional e Partidos Comunistas de novo tipo. O proletariado puxo sólidos cimentos para o futuro Comunismo: nova sociedade real, perspectiva histórica e obxetiva cara a cal marcha inexorabelmente a humanidade pois hai base material para o socialismo, pois o propio proceso do imperialismo coa globalización que non é senón maior socialización da produción que somete a centos de millóns de persoas ao mesmo proceso explotador e maior concentración da riqueza en menos maos, madura as condicións obxetivas para transformar a vella orde pois o sistema imperialista non resolve o problema das masas do mundo, onde hai 1,200 millóns de famentos en extrema pobreza, a metade da poboación mundial vive en pobreza, 50% dos nenos do mundo sofren desnutrición e nos propios Estados Unidos que pretende impoñer o seu "estilo de vida" hai 33 millóns de pobres; en todo o mundo hai 200 millóns de desocupados, cifras que amosan un sistema incapaz e que a burguesía é unha clase inútil porque non constrúe unha orde de igualdade e xustiza como pregonan, a súa "democracia" é a dictadura duns cantos sobre a inmensa maioría das masas, a súa ideoloxía centrase no individuo, sementa egoísmo e despreocupación polo colectivo; hai fabuloso desenrolo económico producto da plusvalía, da explotación do proletariado e da opresión das colonias e semicolonias, e da rapiña imperialista, mais ese desenvolvimento económico non beneficia ás masas senón a un puñado de bandidos da oligarquía financieira que a sangue e lume manteñen a propiedade privada sobre os medios de produción; é por isto que segue plenamente vixente o establecido por Marx: a necesidade da abolición da propiedade privada e esto só pode facelo o proletariado pois carece de propiedade e nesta loita "os proletarios non teñen nada que perder nela máis que as súas cadeas. Teñen en cambio, un mundo que gañar".
Rock Proletario Internacional
Novas probas da vinculación de elementos policiaos con grupos neonazis
Uns 150 neonazis do MPS manifestaronse en Vallekas o pasado 28 de marzo protexidos pola policía mentres centos de antifascistas e viziños do distrito participaron nunha concentración para repudiar o acto.
Miles de activistas congregaronse no centro de Londres para protestar contra a cumbre do G20, e un grupo tratou de irrumpir no banco de Inglaterra e lanzou ovos e froitas á policía e intentou superar o vallado destinado a conter aos manifestantes.
Ao berro de "abolición do dinheiro", "morte a banqueiros" e "revolución", os activistas atestaron as rúas do distrito financieiro de Londres xusto cando o primeiro ministro británico, Gordon Brown, e o presidente estadounidense, Barack Obama, daban unha conferencia de prensa noutro sector da cidade.
Okupación da sede do PSOE en Vallekas pola represión do 28 de Marzo-Madrid
O partido "socialdemocrata" PSOE (Partido Socialdemocrata Obrero Español) actual partido oficialista do Estado Español permite unha marcha nazi no barrio obreiro de Vallekas. Realizase unha contramanifestación levada a cabo polos compañeiros antifascistas, son duramente reprimidos e detidos 25 compañeiros. Ante estes graves feitos procedese á toma do local destes "socialdemocratas" amigos dos nazis. O vídeo:
Bilbao 14.02.09
Kukutxa Gaztetxea.
Charla sobre as víctimas do fascismo de onte e de hoxe, organizada por Sare Antifaxista, coa presenza de familiares e achegados de Juan Paredes Manotas "Txiki", Mikel Goikoetxea "Txapela" e Guillem Agulló.
JUANES: por qué non cantas por Palestina? Por Hindu Anderi
Van preto de 300 nenos e nenas asasinadas produto do xenocidio que o "ente sionista de Israel" comete en contra da poboación civil de Palestina.
Israel non lle deu tempo ao pobo de Canaán de despedir en paz o ano 2008, nen sequera aos árabes cristiáns de rematar de saborear o nadal, cando lles atacou de maneira indiscriminada. Ata o momento polo menos 5 mil persoas resultaron feridas, tamén a maioría mulleres, nenos e nenas.
O plan de exterminio e limpeza étnica que leva a cabo Israel non ten xustificación algunha. Non hai razón posibel que excuse o uso da bomba de fósforo, que afecta principalmente á poboación infantil, que representa a maioría en Gaza, un espazo convertido máis que un Güeto, num campo de exterminio masivo.