|
SOBRE A INTERNACIONAL DO ROCK PROLETARIO
Proletarios do Mundo, Unídevos!
O 23 de xuño de 2005 deuse a coñecer o pronunciamento do Rock Proletario, redactado polos compañeiros de Núcleo Terco, onde por vez primeira se definía a nosa corrente cultural e as súas bases. Posteriormente, a finais de 2006, celebráronse reunións informais entre representates de Núcleo Terco, Komintern 43 e M.A.D. A fin, era crear unha organización que nos xuntara. Definiuse como tarea principal a creación dunha web e un órgano asociativo de descusión, onde se cristalizarían as ideas vertidas por todalas bandas de Rock Proletario; despois disto, estas tareas quedaron durmidas até mediados do 2007 onde se retomou o proxecto e grazas ao apoio de todalas bandas implicadas, en especial, aos compañeiros de Mencer Vermello, deuse un salto cualitativo plasmando a unión internacional de bandas de Rock Proletario.
O Rock Proletario Internacional é a unión de grupos musicais e compañeiros a titulo persoal con ideoloxía afín, que teñen como obxectivo principal a difusión organizada e sistematizada do Marxismo, da súa historia. Neste senso, tanto a web como o periódico son reflexos dela, e sen esta, non pederían existir.
Consideramos que as bandas que se definen como Rock Proletario deben estar conectadas e organizadas dentro da Internacional. Debido a que compartimos, como todas as masas oprimidas do mundo, unha mesma historia e ideoloxía. Onde a crítica e autocrítica, ferramenta marxista de avance, nos permitirá desenrolar a nosa corrente cultural. Ademáis, todolos membros formaran parte fundamental do traballo activo dentro da Internacional. Desto deducimos a afirmación: “Non pode existir banda de Rock Proletario sen estar organizada dentro do Rock Proletario Internacional”
A Internacional está composta por grupos e compañeiros de diferentes países con diversos matices dentro do marxismo revolucionario, tendo ao Camarada Stalin como hito de converxencia; esto nos enriquece e fortalece. Permítenos aprender, debater e traballar por obxectivos comúns dentro da nosa diversidade.
A historia do marxismo é a historia da loita de clases. É así como nas nosas cancións expresamos a nosa historia; esa historia que foi escrita a fogo e loita. Desde a comuna de Paris até os nosos días, o proletariado do mundo segue escribendo a historia. As loitas dos pobos de Europa, América, África, Asia... son as nosas loitas.
Desta forma realizamos a presentación oficial do Rock Proletario como nova corrente cultural, ao Rock Proletario Internacional como núcleo dirixente, e á Web e ao periódico, como os seus órganos de expresión.
Un saúdo puño en alto.
10 de Marzo, 2008
|