catalá | english | euskera | castellano | français | deutsch | italiano | româna

BENVIDOS
2008

O 23 de xuño de 2005 deuse a coñecer o pronunciamento do Rock Proletario, redactado polos compañeiros de Núcleo Terco, onde por vez primeira se definía a nosa corrente cultural e as súas bases.

Ler máis



Alto ao bombardeo Israeli contra Gaza!
Noticias

Expresamos o noso completo rexeitamento cara á agresión que vén sufrindo o pobo de Gaza por parte de goberno Israeli, baixo o amparo de EEUU.

Ler máis


Alarma social: Como se crea? Periodistas de Telecinco pillados por sorpresa con cámara oculta
Coordinadora Antifascista de Madrid & La Plataforma

Alarma social: Como se crea? Periodistas de Telecinco pillados por sorpresa con cámara oculta. Preparaban unha reportaxe para criminalizar aos movimentos sociais

O 11 de decembro, no marco das protestas en Madrid de solidariedade polos sucesos de Grecia, nos que un mozo foi asasinado dun disparo pola policía, Tele5 emite unha reportaxe con cámara oculta para criminalizar aos movimentos sociais.

Nesta reportaxe aparecen imáxes daqueles lugares nos que estes periodistas estiveron infiltrados: o 11 de novembro na manifestación do aniversario de Carlos Palomino, no CSO La Traba e no CSO El Antídoto.

Mais a reportaxe emitida foi máis curta do previsto inicialmente. O material que non poideron emitir foi gravado o 20 de novembro en Valladolid e o 21 de Novembro no CSO 1924 de Madrid, onde foron pillados por sorpresa polo grupo de seguridade durante o transcurso da charla en lembranza de Carlos e tódolos antifascistas asasinados por nazis nos últimos anos, encadrada nas Xornadas Antifascistas '08.

O siguinte vídeo amosa a gravación que realizaron os periodistas infiltrados coa cámara oculta.


Parte 1



Parte 2




La Plataforma


Anti APEC
Perú

http://wwww.antiapec.tk/



DOCUMENTAL
"Carlos, un ano sein ti, un ano contigo"

Documental de 1 hora e 16 minutos de duración que recolle o intenso ano de loita e homenaxe ao compañeiro antifascista Carlos Javier Palomino.
A mellor homenaxe, continuar a loita!




La Plataforma


Reiteran denuncia por desaparición de persoas despois de incursión militar
02.10.08

Real Win MP

Huanta, Ayacucho
01/10/2008 (CNR)

O conselleiro rexional por Huanta, Zacarías Morales reiterou as denuncias dos poboadores do caserío de Pichis Río Seco, compresión de Huarcatán no distrito de Ayahuanco sobre a desaparición dun grupo de persoas, logo da intervención do exército en diversos caseríos do Val dos ríos Apurímac e Ene (VRAE), o pasado 14 de setembro.

Ler mais


27 de setembro (1975 - 2008)

O día 27 de Setembro do1975 o réxime criminal de franco executou a 5 bravos loitadores.

Nas súas últimas convulsións o estado franquista clavou o seu aguillón en 5 compañeiros, eles eran: Baena Alonso, Sánchez Bravo, García Sanz, Juan Paredes e Ángel Otaegui.

Tras estes asasinatos están os que hoxe reciben a categoría de "demócratas de toda a vida", aqueles que en Gasteiz mataban a obreiros, aqueles que en Barcelona executaban sindicalistas... os que tiveron e teñen en cárceres a centos de comunistas. Por iso, nestas datas faise inevitabel lembrar a memoria dos nosos compañeiros mortos; por que un rexime asasino e cobarde rouboulles a mocidade . Porque ainda a día de hoxe cando os lemos, cando observamos os seus rostros dibuxados non podemos deixar de lembrarnos da dor sufrida polo movimento comunista e revolucionario durante o franquismo.

É por iso, que tralos actos celebrados en conmemoración destes fusilamentos, dende o Rock Proletario Internacional queremos deixar claro que nós tampouco os olvidamos. Hoxe máis que nunca erguemos o puño e a bandeira vermella como sinal de que a súa memoria abrenos camiño para loitar.

Porque foron, son, e serán "Vento de liberdade".

Non a unha monarquía herdeira do franquismo.
Nin olvido nin perdon aos crimes do fascismo.
Xusticia para os asasinos.

Crónica do VI CEJAAR e da Ponencia acerca do Arte popular e Rock proletario

Dende o día 10 ao día 17 de Agosto tivo lugar no pobo extremeño de Piornal o VI Campamento Estatal da Xuventude Antifascista, Anti-imperialista e Republicana (VI CEJAAR). Cunha asistencia media dun centenar de persoas.

Ler mais


Hackean foro de neonazis e revelan dirección IP de filiados

Fonte: The Register

Antifascistas alemans lograron intervir un destacado foro de extrema dereita. Máis de 30.000 direccións IP están disponíbeis en Internet.


Ler mais

DEMO PIOLET
09.08.08

Saudamos o ingreso de novas bandas á Internacional : RPG-7 (Madrid), Subversivos (Brasil) e Amauta (Perú), bandas irmás que integran as nosas filas en defensa da ideoloxía do proletariado, e aproveitamos para presentar a recente DEMO de Piolet e deixarlles un video de Subversivos.


Subversivos: Amanhãs na Paris de 68



Xa con case un ano de formados, Piolet Rock Proletario deu nacemiento á sua primeira demo a cal conta con 6 cancións, este és só un preámbulo para o que será o disco que contara con 10 cancións, é dicir 4 cancións que ainda non foron gravadas, e as 6 xa gravadas con certas modificacións musicais, amaños entre outros.

Os temas da demo son os seguintes:

1-hasta cuando (ata cando)
Esta é unha canción que fala da explotación capitalista, e a degradación da sociedade producto deste sistema, é un chamado ás masas para que tomen conciencia e fagan posíbel a Revolución Proletaria que os liberará, un chamado á organización e á acción así como tamén unha advertencia á burguesía que ainda que digan o que digan o proletariado tomará vinganza.

2-campesinos (campesiños)

Esta é unha canción adicada ao campesiñado do mundo , aqueles que ainda son victimas do latifundio , da exclusión social , entre outros males que proporcionou o sistema capitalista a este pobo aguerrido, é unha homenaxe ás gloriosas loitas do campesiñado e coma non pode faltar o chamado á unidade de todo o proletariado do mundo.

3-camarada RR

Esta é para a sorpresa dos integrantes do grupo a canción que máis aceptación ten recibido , esta canción é unha homenaxe ao camarada Raúl Reyes , un dos mellores fillos que deu a nosa terra latinoamericana , víctima da dictadura disfrazada colombiana, nesta canción faiselle tributo ao nosoo irman Raúl Reyes e aos combatentes da irmá patria Colombia , e condease ao goberno narcoterrorista de Álvaro Uribe Vélez, producto dunha das viles oligarquías existentes no planeta.
Non son os pueblos quenes determinan as reglas do xogo son as oligarquías quenes as impolñen.

4-Piolet
Tal coma o nome da banda así titularon esa canción, polémica coma o nome esta é unha canción claramente contra a calaña trotskista, esa calaña contra revolucionaria que en nome dunha revolución socialista van inventando mentiras que non benefician para nada á revolución, senón que polo contrario serven de propaganda á burguesía, esta canción vai adicada para aqueles “revolucionarios” que todo o que lles cheira a socialismo científico chamano estalinista ou dogmatico. Para os que inventaron acerca de que Fidel mandou a asasinar ao Che, os mitos do gulag, entre tantas mentiras que nos teñen feito moito dano e que serviron para alonxar ás masas da súa ideoloxía , que a alonxaron do marxismo.

5-nos someten (somentennos)
Sometennos (ou polo menos iso tentan), é unha canción a favor da autodeterminación dos pobos, en contra do imperialismo que busca someternos e manter aos pobos subdesenvolvidos ou como diría Ali Primera súper explotados como colonias, é unha canción contra a guerra en Irak e o demo que vive na casa blanca.

6-canto a mis enemigos (canto aos meus inimigos)

Esta é unha canción de advertencia aos inimigos históricos do proletariado, unha canción que expresa que o pobo ten resistencia e non se rendirá xamáis, que ainda que tenten o que tenten o pobo farase coa victoria final, sexan os inimigos de sempre ou aqueles que veñan no futuro a tentar deter a nosa revolución berraselles na canción que connosco é dicir co pobo organizado e consiente non poderán.

As cancións da demo poden descargalas dos seguientes links:

www.myspace.com/pioletrp
www.rockandfutbol.com/piolet.html
www.badongo.com/file/10534386



Rock Proletario Internacional: A nosa situación actual.
06.08.08

“O artista é inevitabelmente un suxeito político. A súa neutralidade, a súa carencia de sensibilidade política probaría chatura espiritual, mediocridade humana, inferioridade estética”. César Vallejo.

O marxismo ensínanos que toda idea sen excepción leva o seu selo de clase. Esta ensinanza é aplicábel tamén a toda expresión cultural, moral, estética, etc. porque todas son, en última instancia, ideas reflectidas sobre a realidade concreta. A conciencia social é explicada polo ser social.

E así é como o Rock Proletario definiu dende o primeiro momento a súa posición de clase, do lado do pobo.

Nestes momentos difíciles, de replegue de forzas do pobo e revolucionarias, entendemos que un replegue é un desplegue na loita.

É neste desplegue de forzas que fixemos camiño ao andar e que cada vez máis persoas e bandas vánsenos unindo. Coma un gran río, imos xuntando as nosas augas e imos gañando en forza, en contido, en profundidade, imos no medio dos zigzags das dificultades ao gran mar que é a loita pola victoria do proletariado, última clase da historia.

É neste arduo traballo que novos compañeiros se incorporaron e enriqueceron a nosa internacional, entre eles as bandas como Piolet, de Venezuela, RPG-7, de Madrid, Subversivos, de Brasil e Amauta, de Perú, todos neste ano 2008. A todas elas, bandas irmás, acollémo-las con gran xúbilo proletario. Temos tamén contactos con moitas bandas que aínda están en proceso de formación e agardamos que se concreten para así seguir sumando forzas.

Como se pode ver, os logros en Latinoamérica son cada vez máis evidentes, sen contar a nosa sólida posición na península ibérica.

Seguiremos na loita, combatendo o revisionismo contemporáneo e as súas diversas expresións (trostkismo, jruchovismo, tengsiaopinismo, etc.), pola emancipación da clase obreira, pola difusión da nosa ideoloxía, o marxismo, e por seguir desenvolvendo esta barricada cultural do pobo que é o rock proletario.

Invitamos a tódolos revolucionarios antirrevisionistas e ás bandas que aperten o marxismo a que se unan connosco para seguir servindo á nosa clase de todo corazón e con desinterese absoluto, no lugar e momento que nos atopemos.

Continuemos desenvolvendo o Rock Proletario Internacional
como arma de combate da nosa clase!

ROCK PROLETARIO INTERNACIONAL



NOVAS

Prensa burguesa:
India.- Morren 24 policías pola explosión dunha mina de terra no este da India
BHUBANESWAR (INDIA), 16 Xullo (EUROPA PRESS)

Polo menos 24 policías morreron ao explotar hoxe unha mina de terra baixo un veículo no estado de Orissa, nol este da India, un ataque que a Policía atribúe aos rebeldes maoístas.

O oficial Sujeet Naik declarou á axencia Reuters que "os 24 policías están mortos" e responsabilizou do atentado, ocontecido no distrito de Malkangiri, aos rebeldes, que teñen unha posición forte na rexión.

Este ataque producese duas semanas despois de que, na mesma zona, os insurxentes afundisen un barco da Policía e matasen a 38 axentes dunha unidade de élite adicada á loita contra os rebeldes. A Policía asegura que os maoístas intensificaron a súa campaña de violencia a raíz da operación de seguridade que as autoridades lanzaron na zona.

Os insurxentes maoístas a miúdo matan a policías e perpetran ataques contra obxetivos do Goberno e contra industrias na área oriental e central da India, sobre todo no campo. Alegan que loitan polos dereitos dos pobres e dos que non teñen terras.



NOVAS

Votación en Rusia
Maioría de rusos prefiren a Stalin como heroe nacional

Dacordo cunha enquisa realizada a través dun portal web, a maioría dos rusos inclínanse por mencionar ao ex presidente Josef Stalin coma o principal heroe do seu país. No terceiro lugar da votación figura outro líder revolucionario, Vladimir Lenin.

O líder soviético Josef Stalin (1878-1953) encabeza unha votación mediática sobre a elección do maior heroe ruso de tódolos tempos.


Ler máis


NOVAS
28.06.08

Catro feridos tras pelexa en medio dunha marcha neonazi en Santiago centro

Uns 30 mozos participaban dunha actividade que foi interrompida por un grupo antifascista, os atacou con manoplas, cadeas e patadas. Tras quedar longo intre tendidos en plena Alameda, os feridos foron derivados á Posta Central.

Ler máis



NOVAS
24.06.08

Perú: Ao estilo nazi, mataron a campesiños de Putis


O director da organización non gubernamental Paz e Esperanza en Ayacucho, Norberto Lamilla, asegurou que a masacre de máis de cen comuneros foi a execución dunha modalidade criminal aprendida polos membros do Exército peruano durante a súa instrucción na Escola das Américas na Zona do Canal de Panamá, onde foron capacitados por militares norteamericanos que impulsaron no continente o modelo usado polos nazis para aniquilar ás súas víctimas, como forma de enfrentar o avance do comunismo.

Ler máis


Arte Popular
15.06.08

Creación da sección Poesía dentro de Arte Popular, co ingreso do poema Oda a Stalingrado de Pablo Neruda e un poema do compañeiro Oso, integrante do grupo de Rock Proletario de Venezuela, Piolet

Ler máis

NON Á CENSURA CONTRA O ROCK PROLETARIO!!
15.06.08

Dende a nosa trincheira de combate, rexeitamos rotundamente a censura da que veñen sendo obxecto algunhas bandas e compañeiros da nosa internacional polo sitio web myspace. Censura que se traduce no peche dos seus espazos web sen nengunha explicación por parte do administrador de dito espazo.

Myspace é un espazo que usamos para difundir a nosa música, a cal é a nosa ferramenta de loita, e por ser o espazo web máis coñecido na difusión musical, non por outras razóns.

Seguindo o exemplo dos grandes maestros do proletariado, se nos pechan un espazo abriremos de novo, se nos volven a pechar, voltaremos a abrir, así serán tódalas veces que queran censurarnos.

NON Á CENSURA CONTRA O ROCK PROLETARIO!!

ROCK PROLETARIO INTERNACIONAL

NOVAS

HOMENAXE A JOSE CARLOS MARIATEGUI
14.06.08

"A revolución non será calco nin copia, senón creación heroica" J.C.M.

Hoxe 14 de Xuño, queremos facer unha pequena homenaxe a José Carlos Mariategui, no día do seu nacimento lembrando algúns dos seus aportes. Entre eles, algunhas das máis importantes contribucións de Mariategui ao proletariado mundial foi o ter "latinoamericanizado" o marxismo, cando naquela época plantexabase o eurocentrismo do marxismo.

Ler máis

NOTICIAS

A STALINOMANIA NA EX UNIÓN SOVIÉTICA PREOCUPA AOS IDEÓLOGOS BURGUESES.
06.06.08

A pesar detodo o inmenso esforzo propagandístico despregado en Rusia e nos paísesimperialistas para diabolizar a figura do que fora máximo líder da UniónSoviética desde 1924 até o seu finamento en 1953, José Dugashvili,coñecido como “Stalin”, a súa popularidade non fai máis que crecer entre apoboación ex soviética, e non só entre as vellas xeracións, senón taménentre os máis novos.


Ler máis


MENCER VERMELLO, КРАСНЫЙ РАССВЕТ
10.03.08

Por fin, e tras un pequeno atraso de imprenta, o CD xa está na rúa. A edición correu a cargo de Mai Morirem e RedStar73 que fixeron un estupendo traballo. Sae á venda en formato digipack, con libreto de 12 páxinas a toda cor e ao prezo de 10 euros.

O título que eliximos é КРАСНЫЙ РАССВЕТ, é dicir, Mencer Vermello en ruso, e claro, preguntarédesvos, por que en ruso? Pareceunos interesante pola sinxela razón de facerlle un chisco a unha parte do mundo que iluminou durante décadas o pensamento e a dirección do movemento comunista internacional. É a nosa modesta homenaxe ao primeiro Estado Socialista da Historia: a Unión Soviética.

Incluímos dez temas cargados de rabia, forza e contundencia seguindo o noso propio estilo: temas rápidos combinados con temas a medio tempo cunha boa melodía e unha potente agresividade nas voces. Un bo son e un bo reflexo do que facemos en directo, nin máis nin menos.

Forza, compromiso e orgullo de clase!

Un adianto "Contrarrevolucións de Veludo"

+info
cartel: pequeño grande

www.mencervermello.com / contacto@mencervermello.com


foro