JUANES: por qué non cantas por Palestina?
Por Hindu Anderi

Van preto de 300 nenos e nenas asasinadas produto do xenocidio que o "ente sionista de Israel" comete en contra da poboación civil de Palestina.

Israel non lle deu tempo ao pobo de Canaán de despedir en paz o ano 2008, nen sequera aos árabes cristiáns de rematar de saborear o nadal, cando lles atacou de maneira indiscriminada. Ata o momento polo menos 5 mil persoas resultaron feridas, tamén a maioría mulleres, nenos e nenas.

O plan de exterminio e limpeza étnica que leva a cabo Israel non ten xustificación algunha. Non hai razón posibel que excuse o uso da bomba de fósforo, que afecta principalmente á poboación infantil, que representa a maioría en Gaza, un espazo convertido máis que un Güeto, num campo de exterminio masivo.

Os efectos da bomba de fósforo que utiliza a forza de ocupación israelí en Palestina son terríbeis. Produce queimaduras de segundo e terceiro grao; o fósforo dana o corazón, o fígado, o riñón, entre outros órganos principais. Está proibido o sue uso en zonas civís. Pero Israel califica á poboación civil como "obxectivos militares" e despois de mortos coma "danos colaterais".

O estado foraxido, delincuente, xenocida, terrorista e inmoral de Israel non é a primeira vez que usa fósforo. No 1982, esta arma mortífera, criada por Estados Unidos, foi experimentada en contra da poboación do sur do Libano.

Tel Aviv, receptor de incalculábeis cifras de diñeiro, provintes das corporacións sionistas, trasnacionais que manexan o capital mundial, invirteos en finar co pobo de Palestina.

E preguntamonos: ónde están Juanes, Bosé, Montaner, Vives e tantos outros hipócritas que pregonan a paz dos sepulcros. Seguramente preparando un xugoso e lucrativo concerto, patrocinado polo lobby sionista xudeu. Ademáis coidando que eses cartos, lavados co sangue dos nenos e nenas de Palestina, siga alimentando as súas contas bancarias.

Juanes, entón a túa paz, si ten fronteiras
!