|
Manifestacións e Reclamos Anti G-20 en Londres
Miles de activistas congregaronse no centro de Londres para protestar contra a cumbre do G20, e un grupo tratou de irrumpir no banco de Inglaterra e lanzou ovos e froitas á policía e intentou superar o vallado destinado a conter aos manifestantes.
Ao berro de "abolición do dinheiro", "morte a banqueiros" e "revolución", os activistas atestaron as rúas do distrito financieiro de Londres xusto cando o primeiro ministro británico, Gordon Brown, e o presidente estadounidense, Barack Obama, daban unha conferencia de prensa noutro sector da cidade.
Os manifestantes bautizaron a xornada de protesta como "Día Financieiro dos Parvos", que chega en vísperas da cumbre na que líderes de todo o mundo discutirán formas de superala crise financieira internacional que puxo de xeonllos á economía mundial e deixou a millóns de persoas na rúa.
Polo menos 83.000 axentes policiais foron desplegados polas rúas de Londres para evitar desmans e incidentes de violencia, informaron hoxe as autoridades británicas. O operativo de seguridade inclúe helicópteros, veículos armados e axentes con cans polas rúas da cidade.
Os manifestantes portaban efixies dos "catro xinetes do apocalipse", que representaban a guerra, o quencemento global, a codicia financieira e a falta de fogar. Ao menos oito persoas foron detidas por estar vestidas de policía, informou a cadea de novas BBC.
Un oficial de policía perdeu o seu casco, e os manifestantes exhibíano orgullosos coma un trofeo mentres entonaban cantos de protesta.
Por temor a ser blanco da ira popular, alguns banqueiros cambiaron os seus brilosos traxes por roupa informal e outros decidiron quedarse nas súas casas, segundo a BBC.
Algúns audaces empregados de institucións financieras asomabanse polas fiestras das súas oficiñas de traballo e burlabanse dos manifestantes axitando billetes de 10 libras.
Tamén se agardan marchas fora da Embaixada de Estados Unidos en Trafalgar Square, no centro de Londres, e nos alrededores do centro de convencións ExCel, no sureste da cidade, que mañá albergará a cumbre.
A policía estimou que a maioría das manifestacións "serán pacíficas", ainda que aclarou que poderían producirse incidentes de violencia "con grupos anarquistas".
"A policía non só é responsabel por protexer aos 50 delegados de alto rango da cumbre en Londres, seinon que tamén deberá controlar as manifestacións que se irán sucedendo na cidade", declarou Simon O'Brien, a cargo do operativo.
"Contamos con tácticas precisas que temos planeado e que tiñamos utilizado no pasado, e as utilizaremos hoxe se a situación así o require", agregou o xefe policial.
|