Novas probas da vinculación de elementos policiaos con grupos neonazis

Uns 150 neonazis do MPS manifestaronse en Vallekas o pasado 28 de marzo protexidos pola policía mentres centos de antifascistas e viziños do distrito participaron nunha concentración para repudiar o acto.

Alén de paus, o diario Público difundió que "algúns participantes na manifestación de ultradereita portaban cascos da Policía" e un deles levaba tambén guantes deste corpo, segundo chegaron a recoñecer "fontes policiais ao observar fotografías que circularon por Internet. A lei impide a estos profesionais manifestarse co uniforme ou portando útiles de traballo, sen embargo a pesar disto os antidisturbios non identificaron a ningún neonazi", o que permite sospeitar que entre estes manifestantes houbese policías ou familiares destes.

O mesmo partido fascista que se manifestou en Vallekas realizou numerosas pintadas na fachada do CSO La Traba apenas unha semana e media despois, o xoves 9 de abril, exibindo símbolos nazis e lemas de "Europa blanca", "Stop inmigración", "Madrid será la cuna del fascismo" e "Josué libertad", acerca do militar neonazi que asesinou a Carlos Palomino.

Non é nova esta situación para o CSO La Traba, que xa sufríu varios ataques durante o veran do 2008, cando grupos neonazis lanzaron pedras ao edificio ao berro de “Sieg Heil”, tentaron forzar unha das portas de aceso e incluso, na acción máis agresiva realizada o 6 de agosto, colocaron un artefacto incendiario que prendeu a puerta de entrada habendo xente dentro durmindo. A pesar de que os ataques se sucederon durante varias semanas, pasando incluso por riba de diversas protestas veciñais, a Policía non detivo a ningún agresor.

Co apoio di barrio e do movimento antifascista lograronse deter os ataques. Sen embargo, a cámara de video que se usou para evitar que puideran quedar impunes novos atentados terroristas da extrema dereita captou en duas ocasións, de madrugada, a patrullas da Policía Nacional proferindo insultos nazis dende a megafonía do coche contra o centro social.

En concreto o xoves 21 de agosto pola noite, aredor das 23:00h pasaron por diante do CSO La Traba duas motos "scooter" con catro persoas de estética neonazi berrando "guarros!". O insulto "guarros" é típico de círculos ultradereitistas para referirse aos movimentos sociais anticapitalistas, sxean da tendencia ideolóxica que sexan. Este feito non tería maior trascendencia se non fose porque 6 horas despois, ás 5:00h da madrugada, unha patrulla da Policía Nacional paseouse lentamente diante do centro social e a través da megafonía do coche un axente berrou, asimesmo, "guarros!".

Os feitos repetironse o mércoles 27 de agosto ás 3:00h da madrugada, cando outra patrulla da Policía Nacional pasou diante do CSO La Traba pretendendo espertar aos activistas do centro social berrando pola megafonía do coche "guarros, arriba!".

De novo, o sábado 6 de setembro de madrugada ás 2:30h voltaron pasar ao berro de “guarros, guarros!”. E poucos días despois, o xoves 11 de setembro ás 4:30h da madrugada pasaron por última vez ao berro de “buenas noches, guarros!”.
Como vemos, 4 veces en menos dun mes estivo pasando unha patrulla da Policía Nacional, non sempre o mesmo coche, por diante do CSO La Traba proferindo insultos, xusto nun contexto no que grupos nazis tiñan realizado ataques violentos contra o centro social.

O seguinte vídeo recolle o momento en que pasa a Policía o 27 de agosto e o 11 de setembro de 2008.

Ver video

Coordinadora Antifascista de Madrid
http://madrid.antifa.net
coordinadora@madrid.antifa.net