Inicio > Novas


A STALINOMANÍA NA EX UNIÓN SOVIÉTICA PREOCUPA AOS IDEÓLOGOS BURGUESES

de "Civilización Socialista"

Os ideólogos burgueses empezan a estar altamente preocupados por unfenómeno que se estende e cuxos síntomas aparecen en público. A pesar detodo o inmenso esforzo propagandístico despregado en Rusia e nos paísesimperialistas para diabolizar a figura do que fora máximo líder da UniónSoviética desde 1924 até o seu finamento en 1953, José Dugashvili,coñecido como “Stalin”, a súa popularidade non fai máis que crecer entre apoboación ex soviética, e non só entre as vellas xeracións, senón taménentre os máis novos.

Segundo informa a revista francesa Jeune Afrique, o Instituto burgués desocioloxía Levada de Moscova realizou tres sondaxes diferentes en tresanos distintos para coñecer a opinión dos rusos sobre Stalin. As sondaxesrealizadas en xaneiro do 2003 e xullo do 2004 en base a unha mostra de4.700 persoas evidenciaron que un 13 % entre os menores de 30 anosvotarían por Stalin se este, saíse da súa tumba no Kremlin e se presentaseás eleccións. O 30 % dos maiores de 30 anos, que por certo foron educadosno antiestalinismo oficial na URSS desde 1956 e despois no réximeultradereitista de Eltsin, manifestan apoio a Stalin. En xuño do 2005sobre unha mostra de 2.000 mozas de 16 a 29 anos, o 51 % declarou queStalin era un líder capaz mentres que o 39 % opinou o contrario. O 42 %opinou que se “esaxerou o papel das represións” no tempo de Stalin mentresque o 37 % opinou o contrario. O 56 % opinou que fixo máis ben que malmentres que o 33 % opinou que fixo máis mal que ben.

O diario da gran burguesía francesa Le Monde sinalaba nun artigo o 28 deagosto do 2005 que 10 cidades rusas teñen o proxecto de render homenaxes aStalin e que o Instituto Levada revelou noutro das súas sondaxes que o 36% da poboación da Federación Rusa é partidaria de levantar estatuas aStalin. Levantáronse estatuas na cidade de Orel ao sur de Moscova, nascidades siberianas de Krasnoyarsk, Jeleznogorsk e Mirny, en Taigunika nosUrales, na cidade de Digora no Caúcaso ruso e nalgunha máis. Desde esadata a “stalinomanía” non fixo máis que crecer.


Os reaccionarios occidentais constatan con preocupación este fenómeno. Asía BBC en español publica na súa web o 22 de decembro do 2005 que “o mitode Stalin, de gran dirixente, vencedor na segunda guerra mundial aíndaperdura. As fotos de Stalin non só se ven nos parabrisas dos camións outaxis; aparecen tamén nas oficinas de funcionarios guvernamentais ouprofesores universitarios”. Le Monde constataba con espanto que na cidadede Orel ata un ancián de 82 anos que aos 19 fué encarcerado por crimesantisoviéticos, apoiaba con entusiasmo a homenaxe a Stalin. Os burguesesrusos coinciden na mesma preocupación xa que a nostalxia por Stalin é ofracaso da intensa propaganda antiestalinista e unha clara afirmación deapoio aos valores revolucionarios, á construción socialista e á loita atéa derrota total da súa propia clase de propietarios explotadores, comoocorreu na época Stalin.

Para a axencia de noticias rusa RIA-Novosti, en despacho do pasado 5 demaio, o recoller firmas para levantar estatuas e bustos a Stalinconverteuse nunha auténtica moda en, polo menos, 6 rexións de Rusia, desdeo extremo occidental de Kaliningrado ao extremo oriental de Sajalin.Moitos proxectos non frutifican por falta de fondos.

En Xeorxia Stalin goza da consideración de heroe nacional e as rúas eestatuas na súa honra levantáronse logo da disolución da Unión Soviéticaen 1991. Con motivo do 120 aniversario do seu nacemento realizáronsemanifestacións populares na súa lembranza. Dous viaxeiros belgas quevisitan o Museo de Stalin na súa cidade natal de Gori reciben o testemuñodunha Señora:"Os meus pais eran ricos. A Revolución e Stalin quitáronllestodo. Con todo, eu non diría que Stalin era malo. Para a xente humildeérao todo. Baixo a súa dirección houbo progreso, todo o mundo vivíamellor. Grazas a el, tamén habemos derrotados aos nazis" (semanarioSolidaire, 28/2/2006).

En Bielorrusia os veteranos da Gran Guerra Patria non dubidan en exhibirsecoa foto de Stalin e o governo inaugurou no 2005 un memorial chamado “LiñaStalin” que gozou do respaldo popular.

Os propagandistas burgueses van intentar seguir intoxicando en relación aeste fenómeno. Inventarán diversas teorías que o expliquen: aincompatibilidade dos atrasados rusos semisalvaxes coa democracia, orenacemento dun perigoso sentimento imperial, un caso de tolemiacolectiva, unha alteración producida pola fame, a atávica atracción polostiranos, o efecto da inxesta abusiva de vodka....

Pero a cousa é moito máis fácil: a ben educada poboación traballadorasoviética, é capaz de comparar o que conquistou co seu sangue e a súa suorbaixo a dirección do Partido Comunista e de Stalin co que perdeu nohorrible período de dominio burgués instaurado tras a destrución da URSS.A simpatía activa por Stalin expresa o desexo de volver ao camiñosocialista, de castigar a tanto criminal que se fixo co poder, o orgullolexítimo fronte á titánica vitoria sobre o fascismo que salvou á Humanidade.

Mentres eran os comunistas nas súas iniciais manifestacións de resistenciaao poder burgués quen exhibían de xeito desafiante a comezos dos anos 90 oretrato de Stalin, son agora un sector das amplas masas non tanpolitizadas, incluídos os mozos, quen se apropiaron da súa figura.

Fronte ao prestixio crecente de Stalin, é rechamante o esquecementoabsoluto no que caeu a figura de Nikita Jrushev, o líder soviético que noXX Congreso do PCUS en 1956 fixo do antiestalinismo doutrina oficial daUnión Soviética, iniciando o período de decadencia que permitiu ás forzascontrarrevolucionarias agrupadas ao redor de Gorbachov (figuraunanimemente detestada en toda a ex Unión Soviética) e Eltsin liquidar oprimeiro Estado de Obreiros e Campesiños en 1991.

Con todo unha tarefa máis difícil que erguer estatuas a Stalin é botar dassúas poltronas aos burgueses que se subiron a elas desde 1991.