|
Index > Novas
Votación en Rusia
Maioría de rusos prefiren a Stalin como heroe nacional
Dacordo cunha enquisa realizada a través dun portal web, a maioría dos rusos inclínanse por mencionar ao ex presidente Josef Stalin coma o principal heroe do seu país. No terceiro lugar da votación figura outro líder revolucionario, Vladimir Lenin.
O líder soviético Josef Stalin (1878-1953) encabeza unha votación mediática sobre a elección do maior heroe ruso de tódolos tempos.
A iniciativa, que continúa ata setembro, corre o risco de converterse en escándalo, para a maioría dos medios rusos que repiten sobre Stalin algunhas verdades e moitas mentiras que forman parte da propaganda empregada por Estados Unidos e os seus aliados durante a época da guerra fría e tamén en datas recentes.
Stalin conduciu ao pobo soviético á victoria contra o "Eixo Nazi" durante a Segunda Guerra Mundial e evitou a ocupación de Rusia durante a ofensiva de Hitler. Durante o seu goberno tamén se desenvolveu un acelerado proceso de industrialización da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
Os resultados da votación pode coñecerse a través da páxina web www.nameofrussia.ru. No segundo lugar atopase actualmente o cantautor Vladimir Visocki e no terceiro está o líder revolucionario Lenin.
|