|
Inicio > Novas
HOMENAXE A JOSE CARLOS MARIATEGUI
"A revolución non será calco nin copia, senón creación heroica" J.C.M.
Hoxe 14 de Xuño, queremos facer unha pequena homenaxe a José Carlos Mariategui, no día do seu nacimento lembrando algúns dos seus aportes. Entre eles, algunhas das máis importantes contribucións de Mariategui ao proletariado mundial foi o ter "latinoamericanizado" o marxismo, cando naquela época plantexabase o eurocentrismo do marxismo. Resolveu o problema da aplicación do marxismo a realidades concretas non europeas, o problema da terra e o indíxena, así coma o análise marxista para países semifeudais e semicoloniais. Definiu o proceso de revolución democrática e socialista como procesos diferentes e complementarios, todos parte da gran revolución mundial proletaria, desenrolou parte do concepto sobre o Imperialismo, a Frente Única e o problema da muller. Na obra de Mariategui podense ver moitas cousas que máis adiante foran desenroladas por Lenin e o Pdte Mao, nunha época que recién triunfaba a revolución de Outubro. Esta misma visión da historia fixo que plantexara que Lenin era o continuador de Marx ainde nesas épocas precoces.
Autodidacta, “antiuniversitario” por estar en contra da universidade anquilosada, caduca e formadora de lacaios do patrón, pero non da universidade popular que él creou.
Aprendeu o marxismo coma é a única forma de aprende-lo, na loita de clases.
Fundador do Partido Comunista do Perú (PCP) e a Central Geral de Traballadores (CGTP).
Toda esta gran obra fixoa nunha época moi curta, xa que murreu aos 35 anos.
A todoslos marxistas do mundo e ainda máis de Latinoamérica enchenos de emoción lembrar a este combatente do proletariado que nos marca o camiño a seguir.
ROCK PROLETARIO INTERNACIONAL
Reproducimos o documento "O 1º de Maio e A Frente Unica"
O 1° DE MAYO Y A FRENTE ÚNICA
O 1° de Maio é, en todo o mundo, un día de unidade do proletariado revolucionario, unha data que reúne nunha imnensa frente única internacional a todolos traballadores organizados. Nesta data resoan, unánimemente obedecidas e acatadas, as palabras de Carlos Marx: "Proletarios de todolos países, unídevos". Nesta data caen espontáneamente tódalas barreiras que diferencian e separan en varios grupos e varias escolas à vangarda proletaria.
O 1° de Maio non pertence a unha Internacional é data de tódalas Internacionais. Socialistas, comunistas e libertarios de tódolos matices confundense e mesturanse hoxe nun só exército que marcha cara a loita final.
Esta data, en suma, é unha afirnación e unha instatación de que a frente única proletaria é posibel e é practicabel e de que á súa realización non se opón nengún interese, nengunha esixencia do presente.
A moitas meditacións convida esta data internacional. Mais para os traballadores peruanos a máis actual, a máis oportuna é a que concerne á necesidade e á posibilidade da frente única. Ultimamente se teñen producido algunhas tentativas seccionistas. E urxe entenderse, urxe concretarse para impedir que estas tentativas prosperen, evitando que socaven e que minen a nacente vangarda proletaria do Perú.
A miña actitude, dende a miña incorporación nesta vangarda, ten sido sempre a dun autor convencido, a dun propagandista fervoroso da frente única. Recordo te-lo declarado nunha das conferencias iniciais do meu curso de historia da crise mundial. Respostando aos primeiros xestos de resistencia e de aprensión dalgúns antigos e fieráticos libertarios, máis preocupados da rixidez do dogma que da eficacia e a fecundidade da acción, dixen entón dende a tribuna da Universidade Popular: "Somos todavía poucos para dividirnos. Non fagamos cuestión de etiquetas nin de títulos."
Posteriormente teño repetido estas ou análogas palabras. E non me cansarei de reitera-las. O movimento clasista, entre nós, é ainda moi incipiente, moi limitado, para que pensemos en fracciona-lo e escindi-lo. Antes de que chegue a hora, inevitabel acaso, dunha división, correspondenos realizar moita obra común, moita labor solidaria. Tenemos que emprender xuntos moitas longas xornadas. Tocanos, por exemplo, suscitar na maioría do proletariado peruano, consciencia de clase e sentimiento de clase. Esta faena pertence por igual a socialistas e sindicalistas, a comunistas e libertarios. Todos temos o deber de sementar xérmes de renovación e de difundir ideas clasistas. Todos temos o deber de alonxar ao proletariado das asembleas amarelas e das falsas "institucións representativas". Todos temos o deber de loitar contra os ataques e as represións reaccionarias. Todos temos o deber de defender a tribuna, a prensa e a organización proletaria. Todos temos o deber de soster as reivindicacións da escravizada e oprimida raza indíxena. No cumprimento destes deberes históricos, destes deberes elementais, atoparan e xuntaranse os nosos camiños, calquera que sexa a nosa meta última.
A frente única non anula a personalidade, non anula a filiación de ningún dos que o compoñen. Non significa a confusión nin a amalgama de tódalas doutrinas nunha doutrina única. É unha acción continxente, concreta, práctica. O programa da frente única considera exclusivamente a realidade inmediata, fora de toda abstracción e de toda utopía. Preconizar a frente única non é, pois, preconizar o confusionismo ideolóxico. Dentro da frente única cada cal debe conservar a súa propia filiación e seu propio ideario. Cada cal debe traballar polo seu propio credo. Pero todos deben sentirse unidos pola solidariedade de clase, vinculados pola loita contra o adversario común, ligados pola mesma vontade revolucionaria, e a mesma pasión renovadora. Formar unha frente única é ter unha actitude solidaria ante un problema concreto, ante unha necesidade urxente. Non é renunciar á doutrina que cada un serve nin á posición que cada un ocupa na vangarda, a variedade de tendencias e a diversidade de matices ideolóxicos é inevitábel nesa inmensa lexión humana que se chama o proletariado. A existencia de tendencias e grupos defínidos e precisos non é un mal; é pola contra o sinal dun periodo avanzado d proceso revolucionario. O que importa é que eses grupos e esas tendencias saiban entenderse ante a realidade concreta do día. Que non se esterilicen bizantinamente en exconfesións e excomunións reciprocas. Que non alonxen ás masas da revolución co espectáculo das querellas dogmáticas dos seus predicadores. Que non empregen as súas armas nin dilapiden o seu tempo en ferirse uns a outros, senón en combater a orde social, as súas institucións, as súas inxustizas e os seus crímes.
Tratemos de sentir cordialmente o lazo histórico que nos une a tódolos homes da vangarda, a tódolos feitores da renovación. Os exemplos que a diario nos veñen de fora son innumerábeis e magníficos. O máis recente e emocionante destes exemplos é o de Germaine Berthon. Germaine Berthon, anarquista, disparou certeramente o seu revólver contra un organizador e conductor do terror blanco por vinga-lo asasinato do socialista Jean Jaurés. Os espíritus nobles, elevados e sinceiros da revolución, perciben e respetan, así, por riba de toda barreira teórica, a solidariedade histórica dos seus esforzos e das súas obras. Pertence aos espíritus mezquinos, sen horizontes e sin alas, ás mentalidades dogmáticas que queren petrificar e inmovilizar a vida nunha fórmula ríxida, o privilexio da incomprensión e do egoismo sectarios.
A frente única proletaria, por fortuna, é entre nosoutros unha decisión e un anhelo evidente do proletariado. As masas reclaman a unidade. As masas queren fe. E, por iso, a súa alma rechaza a voz corrosiva, disolvente e pesimista dos que negan e dos que dubidan, e busca a voz optimista, cordial, xuvenil e fecunda dos que afirman e dos que cren.
Escrito no 1924. Publicado en “El Obrero Textil”, vol. V, No. 59, Lima, maio 1, 1924.
Fonte: José Carlos Mariátegui, A organización do proletariado, Comisión Política do Comité Central do Partido Comunista Peruano (eds.). Lima: Edicións Bandera Roja, 1967.
ENLACES DE INTERESE:
http://www.marxists.org/espanol/mariateg/cronologia.htm
http://www.marxists.org/espanol/mariateg/1927/ene/10.htm
|