Inicio > Novas


Hackean foro de neonazis e revelan dirección IP de filiados

Fonte: The Register

Antifascistas alemans lograron intervir un destacado foro de extrema dereita. Máis de 30.000 direccións IP están disponíbeis en Internet.

Diario Ti: O foro en cuestión en propiedade da maior organización neonazi del mundo, Blood & Honour, e o seu servidor foi vulnerado por activistas cibernéticos antinazis. Na intrusión, os hackers lograron descargar 800 MB de dados, algúns dos cales só estaban disponíbeis para os membros.

O grupo foi fundado en Gran Bretaña no 1987 polo neonazi Ian Stuart Donaldson
e dende entón medrou ata acadar un nível enorme.

Teñen as direccións IP
A organización Blood & Honour foi proibida en Alemaña, e no 2005 foi aianada polas autoridades españolas. Todos os dados conseguidos durante a intrusión están disponíbeis agora en Internet, e conteñen as direccións IP de máis de 31.000 usuarios rexistrados, e pode que as direccións de IP de 1.200 neonazis.

Segundo fontes consultadas por The Register, é probabel que esta información non poda ser aproveitada por instancias legais, debido a que a policía, en principio, no pode usar información obtida de maneira ilegal.