Inicio > Novas

 

Viva o 8 de marzo, Día Internacional da Muller!

A organización Rock Proletario Internacional, rinde homenaxe ás mulleres do noso pobo, en especial á muller obreira, labrega, traballadora; mulleres que coa súa loita cotiá contra a fame, a miseria e a explotación serven para lograr mellores condicións de vida. Contribuíndo, desta forma, á transformación da sociedade, onde reina un sistema inxusto, que as somete a unha doble presión: o abafante traballo doméstico e a venda da súa forza de traballo por un mísero salario.

O Día Internacional da Muller estableceuse na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas celebrada en Copenhague en 1910 a proposta de Clara Zetkin, fundadora do Partido Comunista de Alemaña, quen chamou a todas as masas femininas a loitar contra a dominación burguessa e a unir as súas loitas polos seus dereitos coas do proletariado internacional; así o Día Internacional da Muller é a xusta homenaxe ao temple e tenacidade da muller, principalmente das clases oprimidas. Por isto, este día debe ser unha xornada máis de loita contra a explotación e a opresión, contra a fame e a miseria, pola conquista dos dereitos da muller, como parte da loita por transformar a sociedade.

A EMANCIPACIÓN DA MULLER É PARTE DA EMANCIPACIÓN DO PROLETARIADO!
VIVA O 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!



8 de Marzo, 2008
ROCK PROLETARIO INTERNACIONAL