Inicio > Novas


Crónica do VI CEJAAR e da Ponencia acerca do Arte popular e Rock proletario

Dende o día 10 ao día 17 de Agosto tivo lugar no pobo extremeño de Piornal o VI Campamento Estatal da Xuventude Antifascista, Anti-imperialista e Republicana (VI CEJAAR). Cunha asistencia media dun centenar de persoas.

Durante estes días militantes antifascistas achegaronse dende todo o estado español (e doutras partes do globo) e conviviron nun ambiente de camaradería.
As actividades que se realizaron durante este sexto campamento comprenderon dende charlas (Carlos Hermida, Pedro García Bilbao...) ata concertos (SNK33, Acción Proletaria...).

O mércores 13 ás 11:00h tivo lugar un taller chamado “Arte Popular e Rock Proletario”. O cal correu a cargo dos compañeiros de Acción Proletaria.

Durante o taller, cuns setenta asistentes, expuxose o arte popular a través da historia e máis concretamente centrado na música combativa, posteriormente expuxose a evolución do arte popular ata o que entendemos hoxe coma Rock Proletario, facendo un repaso pola súa historia, os seus precedentes e presentando os seus órganos de expresión.

Coma final do taller realizouse unha audición dos grupos Núcleo Terco e Mencer Vermello así coma a análise dalgunhas das súas letras para o seu posterior debate.

Durante toda a festa do sábado soou o Rock Proletario e puidemos desfrutar das actuacións de SNK33 (Rap combativo dende Plasencia) e Acción Proletaria (Rock Proletario) entre outros grupos locais.

Podemos dicir que o VI CEJAAR foi unha experiencia enriquecedora e un dos sitios nos que o Rock Proletario fai fronte para medrar e gañar simpatías da mocidade máis consciente.

E que sexan moitos máis.