|
Inicio > Novas
Reiteran denuncia por desaparición de persoas despois de incursión militar
02.10.08
Real Win MP
Huanta, Ayacucho
01/10/2008 (CNR)
O conselleiro rexional por Huanta, Zacarías Morales reiterou as denuncias dos poboadores do caserío de Pichis Río Seco, compresión de Huarcatán no distrito de Ayahuanco sobre a desaparición dun grupo de persoas, logo da intervención do exército en diversos caseríos do Val dos ríos Apurímac e Ene (VRAE), o pasado 14 de setembro.
Ao respecto, Morales manifestou que os feitos acontecidos en dita zona e a denuncia da única sobrevivinte da intervención militar, Lucy Pichardo, é verdadeira, polo cal presentou un Habeas Corpus ante a Corte Superior de Xustiza de Ayacucho, solicitando ao presidente da República, ao Comandante Xeral do Exército, Edwin Donayre e ao minsitro de Defensa que expliquen o acontecido.
Así mesmo, Zacarías Morales manifestou que se ten apresentado unha denuncia ante a segunda Suprafiscalía de Dereitos Humas de Ayacucho, pedindo que se envíe persoal que investigue o caso.
Pola súa parte, o representante da Defensoría do Pobo de Ayacucho, Jorge Fernández Dávila, manifestou que o seu despacho enviou representantes á zona para investigar os sucesos denunciados pola señora Pichardo.
Por outra banda, o gobernador do distrito de Llochegua, Edgar Ricra informou que elaborou un informe dando conta á gobernación rexional dos feitos acontecidos, sen embargo evitou amosar o contido do documento á prensa.
Cabe sinalar que os poboadores da comunidade de Pichis Río Seco, compresión de Huarcatán no distrito de Ayahuanco da provincia de Huanta, denunciaron através de Radio Amauta, a desaparición de catro persoas e dous nenos o pasado 14 de septembro, tras unha incursión militar á zona.
Lucy Pichardo, unha dos familiares das persoas desaparecidas acompañada polo tenente gobernador da zona, chegaron ata a provincia de Huanta para poñer en coñecimento que o pasado 14 de setembro forzas militares ingresaron en horas da noite á comunidade, con disparos ao ar, presumibelmente no marco dunha operación antidrogas.
Despois do ingreso militar, chegaron dous helicópteros que procederon a bombardear a zona, xerando confusión e temor entre a poboación, onde moitos deles optaron por sair da comunidade.
As persoas que foron declaradas coma desaparecidas, producto desta operación foron identificados coma: Os irmaos Máximo e Jesús Pichardo Fernández, Félix Canchanya Limache e Rosa Chávez, quen estivo acompañada dos seus dous menores fillos Moisés e Fresalinda.
Na véspera, pese ás testemuñas e declaracións, o Ministro de Defensa Antero Flores Araoz negou que teñan existido detidos ou desaparecidos durante as últimas operacións militares no Val dos Ríos Apurímac e Ene (VRAE).
|