|
Index > Novas
Perú: Ao estilo nazi, mataron a campesiños de Putis
Fosas que se abren e feridas que aínda non se pechan. Campesiños piden xustiza e o goberno faise o xordo. Das fosas de Putis sae a demanda de xustiza para as víctimas.
DATO
Medo no goberno
Lamilla asegurou que a actitude do goberno agocha o temor que, ante a velocidade que se avanza coas evidencias que se van atopando, actualícense sucesos acontecidos no primeiro goberno de Alan García, coma os de Accomarca, Cayara e El Frontón, onde, dixo, existiu unha responsabilidade política e penal, xa que o Presidente, como xefe das Forzas Armadas, tivo que coñecer a movilización militar cara estes lugares. |
Vintecatro anos despois daquel trece de decembro de 1984, cando máis de cen comuneiros foron ferozmente masacrados na localidade ayacuchana de Putis, na provincia de Huanta, por tropas da base militar da zona, parece que por fin a luz da xustiza acéndese para as víctimas e os seus familiares, quenes continúan sen poder entender o porqué da insana crueldade coa que actuaron os asasinos e agardan, por fin, enterrar dignamente aos seus seres queridos e paliar, dalgunha maneira, a dor e a impotencia que os ten acompañado todos estes anos. Hai voces que reclaman xustiza e outras que están dispostas a axudar para pechar as feridas que a morte dos campesiños abriu nos poboadores de Putis, nas alturas de Ayacucho.
O director da organización non gubernamental Paz e Esperanza en Ayacucho, Norberto Lamilla, asegurou que a masacre de máis de cen comuneiros foi a execución dunha modalidade criminal aprendida polos membros do Exército peruano durante a súa instrucción na Escola das Américas na Zona do Canal de Panamá, onde foron capacitados por militares norteamericanos que impulsaron no continente o modelo usado polos nazis para aniquilar ás suas víctimas, como forma de enfrentar o avance do comunismo.
Os poboadores de Putis, asasinados aquel trece de decembro de 1984, foron previamente reunidos e obrigados a cavar as súas fosas, co engano de que servirían para a construcción dunha piscigranxa. Logo da violación das mulleres, foron colocados arredor das fosas e asasinados a tiros polos militares, caendo os seus corpos dentro das fosas, tal coma foran executados centos de miles de xudeus pola Alemaña nazi.
Norberto Lamilla sostivo que as declaracións do ministro de Defensa, Ántero Flores Aráoz, que atribúen a autoría da masacre a subversivos e non aos militares, “sintonizan perfectamente co recurso do presidente García e os congresistas apristas máis acérrimos defensores de quenes son sindicais como violadores de Dereitos Humanos”.
“Preocupame en realidade porque están facendo un papel ridículo ao declarar que os presuntos asasinos puideron ter sido membros de Sendero Luminoso e non do Exército, non obstante as evidencias”, continuou.
Entre estas probas, Norberto Lamilla sinalou os proxectiles atopados no lugar do crime e que corresponden ao Exército, xa que teñen códigos e marcas. “Eu sei que Sendero Luminoso tamén arrebatou algunhas armas, mais tódolos proxectiles atopados son da marca Fame, que era unha empresa do Exército; e teñen como data de fabricación o ano de 1983”, manifestou.
Agregou que a iso sumase a testemuña do alcalde de Marccaraccay, Isaías Palomino, quen sinalou que él mesmo levou ao Exército para que poda apostarse en Putis e que o día dos feitos, veu dende unha distancia prudencial cómo mataban aos campesiños.
|