|
Inicio > Novas
Comunicado de solidariedade cos familiares e amigos do compañeiro Carlos Javier Palomino
As bandas que formamos a organización Rock Proletario Internacional, desexamos estender o noso máis profundo sentimento de solidariedade aos familiares do compañeiro Carlos Javier Palomino, como a todo o Movemento Antifascista Madrileño, quen ofrecendo a súa propia vida defendeu a dignidade e os dereitos dos máis oprimidos do Estado Español.
Un gran xesto de consecuencia e entrega, malia asúa curta idade, ao servizo dos máis necesitados, demostrando verdadeira convicción e rexeitamento contraquen encarnan as deformidades que encerra o fascismo.
Ese mesmo xesto vémolo ao longo da historia, grandes heroes anónimos que en silencio, sen ningún móvil persoal, entregáronse por un mundo máis xusto esolidario.
Con ese mesmo profundo amor á igualdade edesprezo á irracionalidade, deron o único que posuíron, a súa vida e os seus soños, cambiando asía historia.
Desde Europa ata América Latina sentimos a mesma dor, indignación e rabia, iso únenos, transfórmanos nun. Oteu exemplo rega as nosas loitas, nutre as nosas conviccións e fortalece máis as nosas almas antifascistas. Non te fuches compañeiro, vives dentro de cada un denós, quen seremos os portadores dos teus ideais, que sonos nosos, que son os dos pobos do mundo.
¡GLORIA AOS CAÍDOS NAS LOITAS ANTIFASCISTAS!
Lunes, 19 de Noviembre del 2007
Rock Proletario Internacional
|